Entradas

ÚLTIMO OBRADOIRO DE RADIO DO CURSO

Imagen
Familias, xa nos atopamos no final do curso, que curto se nos fixo!!!! Este ano aproveitamos ao máximo a nosa Radio na biblio, e para o curso que vén seguiremos!!! Aquí vos deixamos o enlace ao podcast do último que grabamos na radio, son as instruccións do xogo de mesa "Pillado", un xogo cooperativo moi entretido.  https://www.ivoox.com/pillado-audios-mp3_rf_176035869_1.html

Recomendacións lectoras para este verán

Imagen
 

CONTOS INCLUSIVOS

Imagen
  Tódolos xoves na biblioteca compartimos un conto inclusivo, empregando diferentes axustes razonables. Os contos inclusivos son ferramentas educativas deseñadas para ensinar aos nosos/as pequechos/as valores de respeto, tolerancia, emocións e a igualdade mediante historias amenas e divertidas. Estos relatos normalizan a diversidade (física, cognitiva, cultural...) e axudan a que tódalas nenas e nenos se sintan representados. Algúns dos contos que lemos son:

INSTALACIÓNS ARTÍSTICAS do terceiro trimestre

Imagen
 Neste terceiro trimestre do curso desfrutamos de varias instalacións artísticas. A primeira foi da man de APAMP e versaba sobre a Primavera.         Na seguinte deixamos voar a nosa imaxinación e a nosa arte a través dunha proposta con pintura e flores.     Non podía faltar tamén unha instalación que contase con trasvases de auga, por eso lles ofrecemos este espazo recreando a choiva.     E xa na última xogamos moito moito con papel triturado. Foi unha das instalacións de todo o curso que máis éxito tivo.     Estes momentos dos xoves nos axudan a explorar libremente creando novas conexións e ao mesmo tempo a interiorizar normas.

LUNS DE OBRADOIRO DE RADIO

Imagen
           Como cada luns, subimos un pequeno grupo a nosa radio e gravamos.  Seguimos coas autoinstruccións dos xogos de mesa, e como estabamos moi concentrados deunos tempo ata a gravar 3!! Recoñecedes as nosas voces? 😁 Aquí vos deixamos os enlaces: https://www.ivoox.com/mision-subacuatica-audios-mp3_rf_175003371_1.html https://www.ivoox.com/little-cooperation-audios-mp3_rf_175003365_1.html https://www.ivoox.com/abejitas-zum-zum-audios-mp3_rf_175003357_1.html Desfrutade moito xogando!!!

LUNS DE RADIO NA BIBLIO CON XOGOS DE MESA

Imagen
Con este xogo divertido de cartas poderedes ser galo, galiña ou raposa, e ata poñer ovos ou roubalos do galiñeiro!! Estas autoinstruccións axudaranvos a ter unha visión rápida das regras. https://www.ivoox.com/piou-piou-audios-mp3_rf_174504803_1.html

LUNS DE OBRADOIRO DE RADIO

Imagen
E aquí unha nova edición de luns de obradoiros, esta vez no de radio gravamos as instruccións de máis xogos de mesa, neste caso un xogo de cartas co que se traballa a recta numérica ata o 8: "Ranitas" Desfrutádeo!! https://www.ivoox.com/ranitas-audios-mp3_rf_174504708_1.html