Nesta semana , no que o bo tempo nos acompañou, puidemos despregar o noso proceso creativo no patio. Construír, imaxinar, dar forma, xogar ,ler, desfrutar,... foron os nosos obxectivos
Na Escola de Familias quixemos abordar neste trimestre unha xornada de aproximación a lectoescritura. Un encontro donde orientar ás familias como se debe abordar esta aprendizaxe dende o respecto ao momento evolutivo de cada neno e nena; e onde se achegaron pequenos consellos e propostas lúdicas coas que despertar a curiosidade e a aprendizaxe polas palabras.
Traemos o tema do CORPO de novo a unha instalación, esta vez mesturado con caixas. O noso corpo divídese en 3 partes e facemos as montaxes que nos apetezan.
Como todos os martes, levamos a cabo a nosa sesión de biblio-creativa. No desdobre desta semana, as nenas e nenos despregaron o seu proceso creativo e imaxínativo.