COLABORACIÓN CON OUTRAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS
O pasado xoves visitamos a biblioteca do CEIP Frián de Teis, o noso centro adscrito. Puidemos gozar dunha merendola co alumnado de infantil previamente á contada súper divertida na súa biblio. Grazas por invitarnos! Agardamos a vosa visita próxima! :) O 14 de maio, visitamos, como cada curso, a biblioteca pública do noso barrio: Neira Vilas. No mes de maio, visitamos a biblioteca do CEIP Frián de Teis, por segunda vez este curso. Unha convivencia que cada curso nos deixa unha pegada fermosísima e moi emotiva. O alumnado de sexto agasallounos cunha dramatización fabulosa! Grazas equipo do Frián!!! Agasallo do equipazo de biblioteca! :)

Comentarios
Publicar un comentario