Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2026

LUNS DE RADIO NA BIBLIO CON XOGOS DE MESA

Imagen
Con este xogo divertido de cartas poderedes ser galo, galiña ou raposa, e ata poñer ovos ou roubalos do galiñeiro!! Estas autoinstruccións axudaranvos a ter unha visión rápida das regras. https://www.ivoox.com/piou-piou-audios-mp3_rf_174504803_1.html

LUNS DE OBRADOIRO DE RADIO

Imagen
E aquí unha nova edición de luns de obradoiros, esta vez no de radio gravamos as instruccións de máis xogos de mesa, neste caso un xogo de cartas co que se traballa a recta numérica ata o 8: "Ranitas" Desfrutádeo!! https://www.ivoox.com/ranitas-audios-mp3_rf_174504708_1.html 

SEMANA STEAM

Imagen
 

PODCAST BEGOÑA CAAMAÑO

Imagen
Dado que este ano as Letras Galegas están adicadas a Begoña Caamaño, despois de falar moito dela: da súa vida, da súa infancia, dos xogos os que adoitaba xogar no patio da escola a que ía no Calvario, dos seus diferentes traballos ao longo dos anos, de cantar e bailar a canción de Uxía e Malvela adicada a nosa escritora, etc. Despois de todo isto, reunímonos na Radio e tivemos unha charla sobre todo o que aprendimos e coñecimos desta autora. Aquí vos deixamos o podcast que gravamos, esperamos que disfrutedes escoitándoo tanto coma nós facéndoo. https://www.ivoox.com/begona-caamano-audios-mp3_rf_174504501_1.html 

XOGOS DE MESA EN FAMILIA

Imagen
  Na nosa escola os xogos de mesa son un recurso fundamental. Non só para pasalo ben, rir e compartir, senón que xogando os nenos e nenas aprenden habilidades tan importantes como: a socializar e respectar quendas, mellorar a atención e a memoria, a toma de decisións, a motricidade, a coordinación , a tolerar a frustración...moitos aprendizaxes concentrados unha actividade tan divertida.  Moitas gracias ás familias que viñeron a compartir con nós unha tarde xogona

LUNS DE OBRADOIRO DE RADIO

Imagen
 Como cada luns, subimos a RADIO o grupo que nos tocaba e gravamos as instrucións dun novo xogo de mesa, hoxe tocou "Carrera de caracoles" da editorial Haba.                  https://www.ivoox.com/carrera-de-caracoles-audios-mp3_rf_173485746_1.html Deixámosvos o link ao podcast para que poidades escoitalo e aproveitalo para xogar. Apertas

CONTINUAMOS COS OBRADOIROS DE RADIO

Imagen
 Nos obradoiros dos luns, seguimos en Radio a gravar as instrucións de diferentes xogos de mesa para así nas casas poder recordar as normas rápidamente. Desta vez achegamos SERPENTINA                             https://www.ivoox.com/serpentina-audios-mp3_rf_173095458_1.html e o máis que coñecido xa xogo de cartas UNO:                               https://www.ivoox.com/uno-audios-mp3_rf_173095440_1.html Esperamos que os desfrutedes moito en familia