Durante toda a semana, programáronse diferentes actividades e propostas que nos abrazasen máis (se cabe) á literatura. O programa foi o seguinte: Venres 19, recibimos ao alumnado do CEIP Frián de Teis para levar a cabo unha dinámica chamada "Degustación Literaria" onde a partir de contos e libros informativos relacionados co noso PDI de centro deste curso "Coidárte-me", gozamos de diferentes propostas de xogo e literatura. O martes 23, propio Día do Libro, levamos a cabo unha saída á Fundación Sales, onde da man de Cristina, de Arte y Garabato, fixemos un Herbario Imaxinario. E tamén visitamos logo os xardíns da fundación. Ese mesmo día, pola tarde, as portas da biblioteca estiveron, como cada martes, abertas ás familias. Pero desta vez, con propostas literarias e lúdicas. E unha contada máxica a cargo das mestras da escola! Durante toda a semana, na hora de ler, como cada día, gozamos de lecturas compartidas. E algunhas moi especiais, coma a do mércores,
Comentarios
Publicar un comentario