Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2025

MOCHILAS VIAXEIRAS 25-26

Imagen
Este curso, mantemos as tres mochilas viaxeiras. Mochila para familias: libros informativos sobre crianza, narrativa, caderno de actividades ocio, xogo, recetario... Mochila xogona Mochila literaria  

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2025

Imagen
 24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES Instalación literaria Contada musicada

INSTALACIÓN ARTÍSTICA: bosques

Imagen
Seguimos traballando e investigando sobre os cambios que se producen na estación do outono. Esta instalación era coma unha invitación a explorar cabanas nos bosques: acubillos, follas, penumbra...  

INSTALACIÓNS ARTÍSTICAS : outono

Imagen
 Ao longo deste curso, cada xoves na nosa BiblioCreativa os cativos de Rúa Aragón poderán desfrutar dunha INSTALACIÓN ARTÍSTICA. As instalacións artísticas son espazos de aprendizaxe inspirados no centro de interese do momento, están diseñados para que os cativos transformen o espazo a través do xogo libre e simbólico. Nelas empréganse materiais cotiás para fomentar a creatividade, a expresión emocional, a autonomía e a socialización nun entorno seguro.  A luz é un aspecto a ter en conta. Predomina a penunbra, con luces indirectas e focos en puntos estratéxicos. Xógase coas cores. Tamén cobra aquí un papel importante a música ambiental, elexida con especial coidado e mimo para que invite a relaxación, exploración e concentración. As normas para un adecuado uso da instalación son: ollos abertos, orellas abertas, boca pechada e....a investigar!! Isto o que quere dicir é que deben observar atentamente todo o que lles ofrece o espazo tanto visual coma auditivamente. Está permitido...