Entradas

Mostrando entradas de abril, 2026

INSTALACIÓN ARTÍSTICA: primavera

Imagen
Para a instalación da primavera contamos coa colaboración de APAMP, Silvia e Alejandra foron as encargadas de deixarnos un espazo máxico para dar renda solta a imaxinación.

SEMANA DO LIBRO

Imagen
  Desde a escola conmemoramos o día do libro cunha proposta de contos na rúa, achegando a escola a súa contorna e comunidade educativa. Tamén tivemos unha convivencia coas familias na que se levaron a cabo propostas de contos-xogos e na que, como colofón final, desfrutamos dunha contacontos moi especial, a nai de dúas nenas da escola, co seu conto “Elefante e Tigre”.

Sistema LUPO

Imagen
 Gracias ao CFR de Vigo, puidemos gozar unhas semanas do Sistema Lupo. Unha ferramenta didáctica e educativa, para  xogar e aprender conceptos  matemáticos e arquitectónicos sempre de forma lúdica, activa e manipulativa.

CONTO-XOGO

Imagen
Na nosa escola, os contos non rematan cando pechamos o libro. Aquí vos deixamos unha pequena mostra de propostas de xogo-conto coas que os nenos e nenas da escola e as súas familias desfrutaron con todos os sentidos.  

OBRADOIROS DE RADIO

Imagen
 Este curso, durante os obradoiros dos luns de radio, elaboramos podscat coas instrucións de diferentes xogos de mesa. No seguinte enlace poderedes escoitar as instrucións:  h ttps://www.ivoox.com/pelusas-audios-mp3_rf_171882144_1.html                             https://www.ivoox.com/crazy-clack-audios-mp3_rf_171882894_1.html