Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2023

Escola de familias

Imagen
O pasado martes 21 de novembro contamos coa neuropsicóloga Camino Rodríguez Álvarez, quen nos expuso o impacto das pantallas no cerebro dos nenos e as nenas.

CONTOS PARA ABORDAR A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imagen
Daniela Pirata Daniela y las chicas Pirata Yo voy conmigo O teu corpo é teu Rosa Caramelo Arturo y Clementina Cuando las niñas vuelan alto Las niñas serán lo que quieran ser Maruxa El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa

MOCHILAS VIAXEIRAS DA BIBLIOTECA SETE XANELAS

Imagen
Somos as MOCHILAS VIAXEIRAS da Biblioteca Sete Xanelas e a partir de hoxe comezamos a nosa viaxe. Comezamos presentándonos:   Son a  MOCHILA DE CONTOS  e, durante unha semana, serei a túa compañeira de aventuras. Tanto ti como a túa familia gozaredes xuntos da lectura dos libros que gardo no meu interior. Espero que vos gusten! Son a  MOCHILA DE ESTIMULACIÓN  e, durante unha semana serei a túa compañeira de xogo. Tanto ti como a túa familia gozaredes xuntos de xogos moi divertidos e dos que aprenderedes moitas cousiñas. Espero que vos gusten! Son a  MOCHILA DE FAMILIAS  e, durante unha semana poderedes consultar as recomendacións pedagóxicas, así como diferentes recursos  para facer máis saúdables os nosos estilos de vida. Espero que vos sexan de utilidade! Lembrade! Dispoñemos dunha semana para gozar das diferentes mochilas. O venres deben voltar á escola, xunto co libro de préstamo semanal, para que poidan seguir a súa viaxe xunto a outro dos compañeiros/as da escola.  Debemo

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Imagen
O pasado 24 de outubro, coincidindo coa conmemoración do Día das Bibliotecas, inauguramos a  Biblioteca da EEI Rúa Aragón, Sete Xanelas ! O lema deste ano é “Tecendo comunidades”, pois a biblioteca é un espazo de conexión e aprendizaxe onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que nos unen uns aos outros.  A nosa escola pretende que a biblioteca teza unha forte comunidade polo que a inauguración da mesma foi en compañía das familias.  Vivimos unha tarde moi especial: En primeiro lugar, desfrutamos dunha "contada" diferente a través do retroproxector. No conto "Un universo na túa maleta" coñecimos a Peter Panker, un neno que se converte en explorador de contos despois de visitar a "axencia de viaxes" máis bonita da súa cidade: a biblioteca.   A continuación, visionamos un vídeo no que se explicaban certos aspectos da nosa biblioteca: de onde ven o seu nome, as novas deste ano (somos centro PLAMBE), as súas normas, o espazo de fondos p