MOCHILAS VIAXEIRAS DA BIBLIOTECA SETE XANELAS

Somos as MOCHILAS VIAXEIRAS da Biblioteca Sete Xanelas e a partir de hoxe comezamos a nosa viaxe.

Comezamos presentándonos:

 

Son a MOCHILA DE CONTOS e, durante unha semana, serei a túa compañeira de aventuras. Tanto ti como a túa familia gozaredes xuntos da lectura dos libros que gardo no meu interior. Espero que vos gusten!





Son a MOCHILA DE ESTIMULACIÓN e, durante unha semana serei a túa compañeira de xogo. Tanto ti como a túa familia gozaredes xuntos de xogos moi divertidos e dos que aprenderedes moitas cousiñas. Espero que vos gusten!




Son a MOCHILA DE FAMILIAS e, durante unha semana poderedes consultar as recomendacións pedagóxicas, así como diferentes recursos  para facer máis saúdables os nosos estilos de vida.

Espero que vos sexan de utilidade!



Lembrade!

Dispoñemos dunha semana para gozar das diferentes mochilas. O venres deben voltar á escola, xunto co libro de préstamo semanal, para que poidan seguir a súa viaxe xunto a outro dos compañeiros/as da escola. 

Debemos tratalas con agarimo e coidado. Queren acompañarvos durante moito tempo e todos os nenos e nenas deben poder desfrutar delas nas mesmas condicións. Se algo se perde ou se rompe, lembrade que teremos que repoñelo. Antes de levalas de volta á escola, revisaremos que todo está correcto e que non esquecemos ningún material. Para iso podemos axudarnos do inventario que gardan no seu interior. 

Que comece a viaxe!


.


Comentarios

Entradas populares de este blog

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Radio na Biblio!

Benvidos/as á Biblioteca SETE XANELAS!