INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

O pasado 24 de outubro, coincidindo coa conmemoración do Día das Bibliotecas, inauguramos a  Biblioteca da EEI Rúa Aragón, Sete Xanelas!

O lema deste ano é “Tecendo comunidades”, pois a biblioteca é un espazo de conexión e aprendizaxe onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que nos unen uns aos outros. 

A nosa escola pretende que a biblioteca teza unha forte comunidade polo que a inauguración da mesma foi en compañía das familias. 


Vivimos unha tarde moi especial:

En primeiro lugar, desfrutamos dunha "contada" diferente a través do retroproxector. No conto "Un universo na túa maleta" coñecimos a Peter Panker, un neno que se converte en explorador de contos despois de visitar a "axencia de viaxes" máis bonita da súa cidade: a biblioteca.



 

A continuación, visionamos un vídeo no que se explicaban certos aspectos da nosa biblioteca: de onde ven o seu nome, as novas deste ano (somos centro PLAMBE), as súas normas, o espazo de fondos para as familias...

Vídeo Sete Xanelas


A través do xogo e a experimentación, inauguramos un novo espazo: a Biblioteca Creativa.













E para rematar, desfrutamos xuntos e xuntas dunha merendola :)






Comentarios

Entradas populares de este blog

Radio na Biblio!

SEMANA DO LIBRO 2024

DÍA DE ROSALÍA 2024