Entradas

COLABORACIÓN CON OUTRAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS

Imagen
 O pasado xoves visitamos a biblioteca do CEIP Frián de Teis, o noso centro adscrito. Puidemos gozar dunha merendola co alumnado de infantil previamente á contada súper divertida na súa biblio. Grazas por invitarnos! Agardamos a vosa visita próxima! :) O 14 de maio, visitamos, como cada curso, a biblioteca pública do noso barrio: Neira Vilas. No mes de maio, visitamos a biblioteca do CEIP Frián de Teis, por segunda vez este curso. Unha convivencia que cada curso nos deixa unha pegada fermosísima e moi emotiva.  O alumnado de sexto agasallounos cunha dramatización fabulosa! Grazas equipo do Frián!!!  Agasallo do equipazo de biblioteca! :) 

NOVIDADES 2024-2025

Imagen
Durante este curso 24-25 adquirimos: - Fondos en lingua estranxeira: inglés.   - Revistas Novidades de primavera

INSTALACIÓNS DE XOGO. ESPAZO DE Creac(c)ión.

Imagen
 Instalación artística "De fragas e carballeiras" colaboración con APAMP.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Imagen
 Este curso, por segundo ano, ampliamos as nosas mochilas viaxeiras.  Ademáis da mochila literaria, temos circulando a mochila de familias, con libros adicados á crianza pero tamén ao autocoidado, incluíndo receitas, pasatempos, rutinas de exercicios de pilates…) E outra mochila máis de ocio. A mochila xogona, con xogos de mesa, actividades para fomento da linguaxe divertidas, libro de ioga. 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Imagen
Recomendaciós lectoras partindo das efemérides:  Noviembre, mes da ciencia en galego 25 Novembro. Día contra a Violencia de xénero Día da Paz e non violencia Día de Rosalía  Día da Muller e a Nena na Ciencia Marzo Muller

VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA 24-25

Imagen
O voluntariado de biblioteca este curso estase a iniciar na catalogación co Koha. Ademais, encárgase semanalmente de que a biblioteca esté ordenada e os fondos ben clasificados.  Así como actualizar o andel de efemérides, seleccionando os fondos que colocar no expositor.   Clasificación seguindo a CDU Teatro de marionetas para conmemorar o 8M