Entradas

SEMANA STEAM

Imagen
Lapis 3D Os alumnos da escola emocionáronse cos deseños que podían facer cos lapis 3D   Intelino Smart Train Os alumnos máis pequenos da escola desfrutaron montando as vías do tren interactivo Intelino.     O rato Coding Set Os alumnos de 4ª de Infantil estiveron aprendendo a programar na tabula para, así, poder levar o rato onde eles querían.

PODCAST BEGOÑA CAAMAÑO

Imagen
Dado que este ano as Letras Galegas están adicadas a Begoña Caamaño, despois de falar moito dela: da súa vida, da súa infancia, dos xogos os que adoitaba xogar no patio da escola a que ía no Calvario, dos seus diferentes traballos ao longo dos anos, de cantar e bailar a canción de Uxía e Malvela adicada a nosa escritora, etc. Despois de todo isto, reunímonos na Radio e tivemos unha charla sobre todo o que aprendimos e coñecimos desta autora. Aquí vos deixamos o podcast que gravamos, esperamos que disfrutedes escoitándoo tanto coma nós facéndoo. https://www.ivoox.com/begona-caamano-audios-mp3_rf_174504501_1.html 

XOGOS DE MESA EN FAMILIA

Imagen
  Na nosa escola os xogos de mesa son un recurso fundamental. Non só para pasalo ben, rir e compartir, senón que xogando os nenos e nenas aprenden habilidades tan importantes como: a socializar e respectar quendas, mellorar a atención e a memoria, a toma de decisións, a motricidade, a coordinación , a tolerar a frustración...moitos aprendizaxes concentrados unha actividade tan divertida.  Moitas gracias ás familias que viñeron a compartir con nós unha tarde xogona

LUNS DE OBRADOIRO DE RADIO

Imagen
 Como cada luns, subimos a RADIO o grupo que nos tocaba e gravamos as instrucións dun novo xogo de mesa, hoxe tocou "Carrera de caracoles" da editorial Haba.                  https://www.ivoox.com/carrera-de-caracoles-audios-mp3_rf_173485746_1.html Deixámosvos o link ao podcast para que poidades escoitalo e aproveitalo para xogar. Apertas

CONTINUAMOS COS OBRADOIROS DE RADIO

Imagen
 Nos obradoiros dos luns, seguimos en Radio a gravar as instrucións de diferentes xogos de mesa para así nas casas poder recordar as normas rápidamente. Desta vez achegamos SERPENTINA                             https://www.ivoox.com/serpentina-audios-mp3_rf_173095458_1.html e o máis que coñecido xa xogo de cartas UNO:                               https://www.ivoox.com/uno-audios-mp3_rf_173095440_1.html Esperamos que os desfrutedes moito en familia

INSTALACIÓN ARTÍSTICA: primavera

Imagen
Para a instalación da primavera contamos coa colaboración de APAMP, Silvia e Alejandra foron as encargadas de deixarnos un espazo máxico para dar renda solta a imaxinación.

SEMANA DO LIBRO

Imagen
  Desde a escola conmemoramos o día do libro cunha proposta de contos na rúa, achegando a escola a súa contorna e comunidade educativa. Tamén tivemos unha convivencia coas familias na que se levaron a cabo propostas de contos-xogos e na que, como colofón final, desfrutamos dunha contacontos moi especial, a nai de dúas nenas da escola, co seu conto “Elefante e Tigre”.