Radio na Biblio!

 Un dos obradoiros que levamos a cabo os mércores é radio escolar. 

O obxectivo desta proposta, ademais de todos os derivados do traballo coa radio (mellora da comunicación oral, creatividade, fomento da memoria...), é mellorar a accesibilidade da nosa biblioteca de forma colaborativa. 

Os fondos bibliográficos que atopamos na nosa biblioteca, na súa maioría, son textuais ou ilustrativos, polo que alumnado con necesidades derivadas dunha discapacidade sensorial ou cognitiva, precisan de apoios e adaptacións coma os audiolibros/audiocontos.

Velaquí o resultado do primeiro audioconto que estará dispoñible na nosa biblioteca a partires da próxima semana, con opción a audio e con opción a vídeo.


AUDIO CONTO "MARUXA"

https://drive.google.com/file/d/1G6vV58H0CTIvEaVAoh7iPt0bErXNlccF/view?usp=sharing




As voces son do primeiro grupo que pasou polo obradoiro de Radio no mes de decembro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

SEMANA DO LIBRO 2024

DÍA DE ROSALÍA 2024