INSTALACIÓNS ARTÍSTICAS : outono

 Ao longo deste curso, cada xoves na nosa BiblioCreativa os cativos de Rúa Aragón poderán desfrutar dunha INSTALACIÓN ARTÍSTICA.

As instalacións artísticas son espazos de aprendizaxe inspirados no centro de interese do momento, están diseñados para que os cativos transformen o espazo a través do xogo libre e simbólico. Nelas empréganse materiais cotiás para fomentar a creatividade, a expresión emocional, a autonomía e a socialización nun entorno seguro. 

A luz é un aspecto a ter en conta. Predomina a penunbra, con luces indirectas e focos en puntos estratéxicos. Xógase coas cores.

Tamén cobra aquí un papel importante a música ambiental, elexida con especial coidado e mimo para que invite a relaxación, exploración e concentración.


As normas para un adecuado uso da instalación son: ollos abertos, orellas abertas, boca pechada e....a investigar!! Isto o que quere dicir é que deben observar atentamente todo o que lles ofrece o espazo tanto visual coma auditivamente. Está permitido falar pero sempre nun ton baixo, para que se poida seguir escoitando a música.


Hoxe tivo lugar a primeira instalación do curso, centrándonos no OUTONO e no que nos ofrece a natureza neste momento do ano.









Comentarios

Entradas populares de este blog

VÍDEOPODCAST "OLLADAS"